mércores, 12 de novembro de 2014

ENTRECULTURAS NO MOSTEIRO

     O día 23 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de relixión, timvemos unha charla na aula de Inglés/Relixión sobre a ONG ENTRECULTURAS.

     ANDRÉS, un voluntario que este verán estivo en Nicaragua, falounos da súa experiencia nese país, mostrando un vídeo moi interesante que nos ensinou a coñecer mellor Nicaragua e aos nenos e nenas que tendo menos ca nós o felices que son.

    Tiñamos moita curiosidade polo que no parabamos de facerlle preguntas como que significaba a cadeira vermella que trouxo. Díxonos que representa a todos os rapaces que non poden ir ao colexio; por desgraza son máis de 50 millóns en todo o mundo.

    Cando rematou a charla compartimos todos, na aula da profesora Balbina, a escoita dunha canción moi fermosa: "Perfume a tus pies" que enviou outro voluntario á profesora Berta. Corenta rapaces en completo silencio. Unha marabilla!!!

    Aprendimos moitísimo dun país que ata ese momento coñeciamos moi pouco. Por elo,
Grazas por compartilo connosco!!!



Cadeira vermella
Canción:"Perfume a tus pies"( Clica para escoitala)
Despedida

Ningún comentario:

Publicar un comentario