Uns dos obxectivos do 1º
ciclo de educación primaria para este curso é achegar ao noso alumnado o seu
contorno máis próximo.
Esta primeira saída adicámola ao contorno natural e ao
seu aproveitamento polos seres humanos.
Saímos o día 24 de outubro con moito entusiasmo e co mesmo voltamos ao cole!
Iniciamos a ruta no muíño
de Mourelle, onde os avós de Miguel e David e de Adrián e Verónica amosáronnos
o proceso dunha moenda de millo.
Continuamos cara o muíño
da Pedrosa onde recuperamos forzas e iniciamos o ascenso ata a fervenza de
Bouza Fría. Polo camiño observamos a vexetación típica do bosque atlántico.
Como agasallo final
fixemos unha pequena parada no parque infantil do Galleiro.
Queremos agradecer a
colaboración e o entusiasmo dos avós Javier e Antonio por contribuír a que a
saída fose un éxito.
Animámosvos a facer esta
fermosa ruta en familia.
![]() |















Ningún comentario:
Publicar un comentario