domingo, 8 de marzo de 2015

VISITA A RADIO VIGO E LOCALIA

O venres 6 marzo os nenos e nenas de 4º visitaron as instalacións da Ser en Vigo. Como primeira parada participaron no locutorio de Radio Vigo á explicación do funcionamento da emisora a cargo do Director de programas e realizaron unha cuña publicitaria. A continuación baixaron ás instalacións de Localia para coñecer un pouco máis o funcionamento interior dunha canle de televisión. A produtora levounos ao cuarto de control e realización para coñecer a sección de continuidade e despois os nenos pasaron a un estudio e fixeron diabluras diante da pantalla croma. A continuación tedes unha testemuña gráfica dunha interesante visita.







Ningún comentario:

Publicar un comentario