martes, 21 de febreiro de 2012

ENTROIDO (2ª parte)

O pasado venres celebramos o entroido no colexio. Pasámolo moi ben xa que tivemos un  montón de novidades.

A primeira hora estivemos nas clases realizando un obradoiro de entroido onde fixemos antifaces, caretas, máscaras, maquillaxes....

Despois saimos o patio, onde nos agradaba unha super-merenda de entroido. ¡ Que ricas estaban as orellas, filloas, flores, biscoito....!. Moitas gracias a todos os pais/nais por elaborar estes ricos doces, gracias a vosa participación a merenda foi unha delicia.

Tras xogar un pouquiño subimos as clases para disfrazarnos coa axuda das mestras. Entre traxes, prisas e maquillaxe chegan os nervios.

Todos ataviados cos traxes fixemos o desfile, baixamos o patio e tras realizar a foto a tódolos cursos comeza o paseo polo cole a ritmo de "danza kuduro" e festa rachada na pista, onde todos bailamos un montón. Vos deixamos un video para que vos fagades unha idea:


E o final na compañía de pais, nais, avós, avoas e amigos  tomamos outro doce.....UUMMMMM  QUE RICO!...

Disfrutamos un montón deste gran día...pero non vos esquezades de que vos esperamos o vindeiro sábado 25 de febreiro no entroido de Bembrive, onde tedes que vir todos disfrazados (nenos/as,  papás e mamás).
Vémonos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario