luns, 30 de xaneiro de 2012

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro de 2012, celebramos no noso colexio o día da Paz.
Realizamos unha conmemoración conxunta de todos os alumnos/as e mestres/as do  colexio como colofón a unha serie de actividades que estivemos traballando nas sesións de titorías, nas clases de música e na biblioteca. Nestas sesións aprendemos moito sobre a importancia  e o valor da amizade.

Os alumnos de sexto de primaria leron unhas verbas de paz e logo, cativos e grandes, bailamos a cantiga da amizade. Vos deiaxamos un video para que vexades a conmemoración.



Vémonos no entroido, que xa falta moi pouco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario