domingo, 27 de febreiro de 2011

ENTROIDO

Xa chegou o ENTROIDO, esta semana imos ter moita festa.



Non esquezades as ordes do meco:

O LUNS por diante ou por detrás
algo laranxa traerás.

O MARTES non fagas o lelo
e ven de amarelo.

Xa dixo a profe nosa,
o MÉRCORES todos de rosa.

Non sei o XOVES que pasa...
que saes vermello da casa.

Se o VENRES queredes rir,
de cor VERDE terás que vir.


Non esquezades  que a festa do ENTROIDO  será o xoves 3 de Marzo pola tarde, ás 16:30, lembrade que os nenos/as deben estar no cole ás 16:00.

Ningún comentario:

Publicar un comentario