martes, 10 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este 8 de marzo conmemoramos no cole o Día internacional da muller traballando conxuntamente en diversas actividades. 

O alumnado de 6º de Educación Primaria e os nenos e nenas de 5 anos traballaron man a man a figura de Valentina Tereshkova, a primeira muller en viaxar ao espazo. Os nenos e nenas de 6º prepararon unha breve exposición para presentar aos peques algúns datos biográficos interesantes desta muller, axudándolles a afondar no proxecto do Universo no que se atopan inmersos. A continuación, traballaron conxuntamente recollendo esta información de xeito sinxelo e desenvolveron xuntos a súa creatividade elaborando retratos moi coloridos de Valentina, inspirándose na técnica pop-art de Andy Warhol. Así de fermoso quedou o resultado. 
























































Ademais, todo o alumnado do cole participou na elaboración de carteis e postais adicadas á importancia da igualdade do home e da muller, creacións que quedaron así de bonitas decorando a entrada do noso cole. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario