mércores, 1 de marzo de 2017

Entroido 2017 no Mosteiro

O venres 24 de febreiro, nun día marabilloso de luz e sol, a comunidade educativa do Colexio celebrou o Entroido. Este ano o tema xeral foi o mundo da música e os grupos dos distintos niveis presentaron as súas propostas: Peque heavys, Abba, Charleston, A tuna do Mosteiro, Kiss rock band, Grease, Os chicos e chicas ye-ye... Un acto moi agradable no que os nenos e nenas causaron sensación polos seus disfraces e polo ben que fixeron os seus bailes. Acompañado, por fin, por un estupendo sonido grazas á colaboración da alcaldía pedánea este día foi unha celebración escolar que compraceu a todos, pais, mestres e alumnado.
A continuación tedes unha pequena escolma fotográfica como recordo deste día.













Ningún comentario:

Publicar un comentario