xoves, 19 de febreiro de 2015

OS CAMPIÓNS DO MOSTEIRO

Os nenos e nenas do colexio que participan en actividades atléticas triunfaron por todo o alto nestes días.
No campionato galego de pista cuberta celebrado en Riazor o sábado 14 os seguintes alumnos ou exalumnos foron premiados nas distintas categorías.
En categoría infantil Sara Lima gañou o ouro na proba de 2000 metros lisos.





Na mesma categoría Lola Bouza Villar, de 6º, gañou o ouro na especialidade de pértiga.


Yago Fernández García, de 2º, foi medallista de prata na proba de 500 metros lisos categoría benxamín.











E por se isto fose pouco o sábado 21 de febreiro o equipo infantil con Lola, Sara, Nerea e o resto dos atletas loitarán polo ouro no Campionato Galego de campo a través que se celebrará en Monterrei.


Moitas felicidades aos nosos atletas e moita sorte para os novos desafíos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario