O luns 23 de febreiro realizamos no colexio o obradoiro O sabor da aventura está no mar, encadrado dentro do Plan Proxecta sobre hábitos de alimentación san e fomento do consumo de produtos mariños no que participa o centro. Os nenos e nenas de Primaria e Infantil asistiron á representación dunha obriña de teatro na que duas personaxes, Luis o mariñeiro e Mariña a cociñeira comparten as súas experiencias e colaboran cos grumetes do Mosteiro para saber máis cosas sobre o peixe e a conveniencia do seu consumo. Os participantes realizaron un xogo de preguntas por equipos ao remate e recibiron un diploma de consumidores responsables. Esta actividade continuará no mes de abril coa visita á Lonxa de Vigo no que se celebrará unha degustación de produtos mariños e un segundo obradoiro o vindeiro 18 de maio. Lembrade que o peixe é moi sano e debemos incluilo regularmente na nosa dieta.
Que vos aproveite moito, rapaces!!!
















Ningún comentario:
Publicar un comentario