xoves, 18 de decembro de 2014

Unha tarde na residencia de maiores

Na tarde do 18 de decembro os nenos e nenas do obradoiro de teatro do colexio visitaron aos maiores na residencia Geriatro do Meixueiro. O motivo da visita foi presentar a primicia da obra As tres raiñas magas, Melchora, Gaspara e Baltasara, que representan no festival de Nadal o día seguinte. Os actores e actrices amosaron a sua calidade e fixeron pasar un estupendo rato a todos os asistentes. Desde aquí queremos agradecer ás familias que sacaran tempo de onde non o hai para levar aos seus fillos ou netos a esta cita e así pasar unha tarde moi agradable.








1 comentario: