luns, 15 de decembro de 2014

Medrando en saúde no Mosteiro

MEDRANDO EN SAÚDE PARA OS NENOS E NENAS DE VIGO
O xoves 11 de decembro tivo lugar unha charla para os nenos de  4º, 5º e 6º de Primaria dentro do Programa educativo para escolares patrocinado polo Concello de Vigo.
A encargada de realizar a charla foi unha pediatra do Hospital Xeral. Expuso aos nenos e nenas que para crecer sanos cómpre realizar actividade física e manter unha dieta saudable.
Os beneficios da actividade física son claros en maiores e nenos. Durante a charla os nenos puideron contar os seus hábitos á hora do tempo de lecer para diferenciar entre todos as características dun modo de vida activo e outro sedentario. , a influencia do deporte e a diferencia entre un modo de vida activo e outro sedentario.
A recomendación final foi ser selectivos á hora de ver a tele e facer polo menos 1 h. diaria de exercicio.

No tocante a alimentación examinouse a pirámide de alimentación e os seus compoñentes: hidratos de carbono, proteínas, lípidos/graxas, vitaminas, froitas e verduras (cinco pezas ao día) e minerais. 
A recomendación médica é que sexa suficiente, completa e adecuada. Unha dieta equilibrada con almorzo de leite, cereais e froita e evitar o risco do picoteo. Debemos comer de todo e distribuir a inxesta durante todo o día.
Para finalizar examináronse os riscos e atractivos da comida pouco saudable (se non sabes o que comes, non sabes o que é)  e os nenos e nenas xogaron coa Pirámide NAOS, o xogo do estilo de vida saudable.
En definitiva foi unha actividade moi proveitosa e na que os nenos e nenas do centro participaron con entusiasmo.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario